Proxecto de Elaboración do Manual do Investidor e Identidade de
"As cociñas de Anllons"
Únete ao programa para levar o teu negocio ao seguinte nivel!
Rexistro da empresa
Obxectivos do proxecto
O principal obxectivo deste proxecto é promover o desenvolvemento e crecemento económico do sector turístico de Anllóns. Para iso, a elaboración do “Manual do investidor” promoverá o investimento turístico na comarca, xerará novas oportunidades de negocio e emprego, e contribuirá a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.
Que conseguirás?
Recibirás o Manual do Investidor, formación especializada con ferramentas para actividades de turismo sostible, un plan de desenvolvemento emprendedor, unha folla de ideas e plan de negocio, asesoramento personalizado, informes de seguimento e certificado do curso.
Beneficiarios do proxecto
Os emprendedores participantes no programa de apoio ao investidor (cun máximo de 25 prazas), xunto con todos os axentes implicados directa e indirectamente no sector turístico da comarca do Anllóns, así como a poboación local, serán os principais beneficiarios.
Estrutura do proxecto
Diagnóstico do Territorio
Nesta fase recollerase e analizarase información sobre a zona para elaborar un informe final no que se identifique o seu estado actual e potencial turístico.
Manual do inversor
Nesta fase desenvolverase o Manual do Investidor, redactaranse os seus distintos capítulos con contidos prácticos e estratéxicos, para despois comezar a súa maquetación, edición final e posterior difusión.
Programa de apoio
O Programa de Apoio ao Emprendedor implantarase con formación divulgativa, presencial (25 horas en cinco cursos de emprendemento e xestión).
Planificación e Deseño
A primeira fase inclúe o lanzamento, a presentación do equipo, o calendario de traballo e a aprobación da metodoloxía de diagnóstico e do programa de formación.
Avaliación do proxecto
A avaliación e seguimento do proxecto realizarase de forma continuada ao longo do programa, mediante a elaboración de informes e reunións periódicas coa Deputación da Coruña. Nesta fase tamén se inclúe a avaliación final.
Programa de Formación
Luns 17/11/25: Introdución ao emprendemento turístico sostible
Curso de iniciación que proporciona as bases para o emprendemento do turismo sostible, abordando principios clave, oportunidades rexionais e exemplos inspiradores de proxectos responsables.
Venres 21/11/25: A xeración de iniciativas empresariais
Curso enfocado en identificar oportunidades de negocio no ámbito turístico. Traballarase a creatividade, a análise do contorno e a formulación inicial de ideas emprendedoras viables e sostibles. Este curso afonda no desenvolvemento de ideas de negocio turísticas, abordando a súa viabilidade, segmentación de mercado, proposta de valor e primeiros pasos para estruturar un modelo empresarial sólido.
Luns 24/11/25: A maduración de iniciativas empresariais
Curso centrado no fortalecemento e validación de ideas de negocio turístico. Traballarase en melloras de modelos, análise de riscos, estratexias de desenvolvemento e preparación para a implantación.
Venres 28/11/25: Xestión empresarial e plans de negocio
Curso dirixido a dotar aos emprendedores de ferramentas para a xestión eficiente dos seus proxectos turísticos. Abordaranse aspectos clave como organización, finanzas, mercadotecnia e desenvolvemento do plan de negocios.
Como será a túa participación no proxecto?
Coñece aos nosos formadores


